Xornada inclusiva

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

cedida

Deportistas con diversidade funcional como Anxo López Fernández, Alejandro González Pernas, Daniel Prada García ou Javier Carballeira Cerdán, entre outros, participaron nunha xornada inclusiva na refinería impulsada polo Proxecto Enki e Repsol

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O do proxecto Enki é impresionante. Esta semana a súa presidenta, Carmen Touza, pasou polos estudos de Radio Voz para falar da carreira-festa pola inclusión que se celebrará o sábado 19 de outubro no Parrote. Onte entrei na súa páxina web e só quedaban por asignar 979 dorsais dos 10.000 que se marcaron como obxectivo. A citada proba é a actividade máis mediática que leva a cabo este colectivo fundado fai cinco anos pola Fundación Abrente co apoio da Fundación María José Jove e o Concello. Pero ao longo do ano realizan outras accións, como a que tivo lugar onte na refinería Repsol. Foi unha xornada inclusiva na que participaron empregados da factoría e deportistas con diversidade funcional.