Mobles coruñeses

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

Andres Fraga

A fábrica de mobles coruñesa Manama participou na prestixiosa feira Hábitat, en Valencia

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Sigo con metros cadrados. Neste caso os 144 que ocupa a caseta da fábrica de mobles coruñesa Manama na prestixiosa feira Hábitat que se clausura hoxe en Valencia. «As liñas xeométricas marcan o espazo expositivo que deseñou o estudo de arquitectura de José Froján. Da elección de modelos, tecidos e colorido encargáronse os creativos de D-Due, Charo Froján e Alfredo Olmedo, e da construción e a montaxe a empresa Mamut Design. Todos galegos», destacan. Beni Faraldo Fernández e Esther Boado Ríos son os xerentes desta firma que naceu tras unir un taller de carpintería e outro de confección. «Enfocámonos ao deseño e elaboración de pezas de mobiliario do fogar, principalmente sofás, camas, butacas e colchóns», destacan.