En bicicleta ata Lisboa

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

cedida

Os betanceiros José Antonio Faraldo e Antonio Vázquez parten hoxe en bicicleta desde Madrid e dispoñen de 55 horas para chegar polo monte ata Lisboa

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ás doce da mañá saen de Las Rozas, Madrid. E teñen que chegar a Lisboa antes das tres da tarde do domingo, hora portuguesa. «Dispomos de 55 horas para percorrer os 770 quilómetros polo monte en dez etapas. Facémolo por substitucións, cada un fai cinco. E a loxística inclúe unha autocaravana na que van dúas persoas que nos dan asistencia. É unha proba non stop, pedaleas de día e de noite sen parar», destaca Antonio Vázquez Lorenzo. Este betanceiro de 62 anos e o seu compañeiro José Antonio Faraldo Castro, de 55, son dos veteranos desta esixente proba. «Imos rodeados de xente nova. O noso obxectivo é gozar da ruta, do esforzo da superación e dun deporte que nos encanta. Tamén ten algo de aventura porque verse de madrugada só por un campo de Estremadura é algo que non che ofrece outra competición», analiza. A alcaldesa e o concelleiro de Deportes de Betanzos, María Barral e Andrés Hermida, respectivamente, desexaron sorte a estes fenómenos da bicicleta de montaña.