Factoría de pilotos

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

cedida

A factoría de pilotos de Karting Marineda seleccionou aos rapaces máis hábiles ao volante, que terán a oportunidade de correr unha proba do Campionato Galego de Kárting

19 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Preséntolles aos novos Fernando Alonso ou Carlos Sainz. Refírome aos tres rapaces bolseiros por Karting Marineda que terán a oportunidade de correr unha proba do Campionato Galego de Karting. Nas diferentes categorías os máis destacados foron Mauro Márquez, Alba Iglesias e Jaime Fuentes . En xuño disputáronse as probas de preselección nas instalacións do centro comercial. Acudiron unha vintena de pilotos que optaban á final que se celebrou no circuíto da Pastoriza hai uns días. Con estes tres rapaces xa son 28 os apadriñados desde que no 2015 puxeron en marcha esta iniciativa. O tempo pasa a toda velocidade