Detida unha moza na Coruña por agredir á súa nai cunhas tesoiras mentres durmía

La Voz A Coruña

A Coruña CIDADE

ANGEL MANSO

O suceso produciuse en San Isidoro e a filla di que só quería «darlle un susto» tras unha discusión

22 ago 2019 . Actualizado ás 17:18 h.

A Policía Local da Coruña informou que a pasada madrugada, sobre as 1.41 horas, acudiu a un local de hostalería na rúa San Isidoro porque había unha muller de 48 anos que fora agredida. A vítima relatou que cando se atopaba durmindo no seu domicilio a súa filla entrou no cuarto agredíndolle con golpes na cabeza e cunhas tesoiras de 25 cm de folla,  conseguiu zafarse como puido e saíu da súa casa e refuxiouse nun bar próximo pedindo axuda saíndo en camisón e descalza. Indicou, ademais, que a súa filla padecía un certo desequilibrio psicolóxico.

Os policías comprobaron que o camisón tiña manchas de sangue e por medio da Sala 092 avisouse a unha ambulancia do 061 que a atendeu no lugar de feridas na cabeza. Os axentes, posteriormente, foron á casa e tras varios intentos lograron que la filla, de 25 anos, abrise a porta. A súa versión dos feitos é que tivera unha discusión coa súa nai pola tarde e que lle quería dar un susto mentres durmía, pero que a situación se lle foi das mans.

O 092 detívoa e foi atendida por persoal sanitario quen procedeu ao seu traslado ao Chuac para a súa valoración. Por todo iso, a moza foi custodiada no centro sanitario e posteriormente quedou a disposición xudicial nos calabozos policiais que dando a expensas do que resulte da investigación policial se é denunciada por un delito de violencia no ámbito familiar con resultado de lesións ou un delito de homicidio en grao de tentativa.