Un ferido nun envorco no cruzamento da rolda de Outeiro coa avenida de Arteixo

d. v.

A Coruña CIDADE

Un condutor de 23 anos foi trasladado ao Hospital Quirón tras unha colisión

20 ago 2019 . Actualizado ás 08:23 h.

Un mozo de 23 anos resultou ferido esta madrugada, sobre as 00.25 horas, nun aparatoso choque na rolda de Outeiro coa avenida de Arteixo, segundo informa a Policía Local. O ferido foi un dos condutores dos dous vehículos implicados, xa que un deles resultó envorcado lateralmente debido ao impacto. Unha ambulancia do 061 asistiu ao lesionado e trasladouno ao Hospital Quirón.

A Policía Municipal tamén indica que se rexistrou un ferido leve sobre as 00.50 horas nunha saída de vía que sucedeu á avenida Severo Ochoa.

Foi unha noite con sucesos na comarca, xa que sobre as 22.00 horas, os bombeiros do parque comarcal de Betanzos trasladáronse ao quilómetro 572 da A6 en dirección Lugo, onde resultou ferido un condutor por unha saída de vía á altura dos campos de fútbol de Abegondo.

Mentres que os seus compañeiros do parque comarcal de Arteixo trasladáronse, sobre as 20.00 horas, a unha vivenda da rúa Linneo en Santa Cristina por una fuga de gas. Desaloxaron o inmoble de dúas plantas e detectaron que a fuga procedía dunha bombona.