O Concello volve reclamar á Xunta un plan de transporte consensuado

La Voz A Coruña

A Coruña CIDADE

ENTREJARDINES BUSES COMARCALES
ENTREJARDINES BUSES COMARCAIS EDUARDO PEREZ

Advirte de que o proxecto, que sufriu modificacións, repercutirá no tráfico da cidade

04 ago 2019 . Actualizado ás 11:59 h.

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Mobilidade, solicita á Xunta «unha negociación conxunta» para «definir o proxecto de explotación dos servizos públicos de transporte regular», xa que «o plan difire do vixente de accesibilidade do transporte metropolitano», segundo comunicado do consistorio.

Así, a concellaría ve necesarias «reunións periódicas co Goberno autonómico para acordar o plan que sufriu modificacións e do que necesitan máis información dada a repercusión que terá no tráfico da cidade, tras o aumento de 20 liñas».

Por iso, o Goberno local pretende chegar a unha negociación conxunta antes de que se saque a concurso e demanda tamén ao Executivo galego que aumente o período de tempo estipulado para presentar alegacións.

Así mesmo, desde o departamento de Mobilidade afirman que o documento ao que teñen acceso tampouco inclúe unha comparativa entre o existente e a nova proposta da Xunta, o que dificulta o estudo para saber cales son as modificacións reais, aínda que estiman un aumento das liñas previstas e a incorporación de dous circulares. Desta forma, o Concello quere «máis información» e «planificar en consenso un servizo do que desapareceron liñas e no que detectaron outras novas, mesmo con algunhas duplicadas», polo seu alcance sobre o tráfico.