Coruña Calidade

La Voz

A Coruña CIDADE

MARCOS MÍGUEZ

O restaurante Faragulla, inaugurado en 2016 na praza de España, é propiedade do chef carballés Adrián Felípez, que cultiva a alta cociña con produto de tempada

21 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un establecemento da Coruña, o restaurante Faragulla, e unha cadea galega con presenza na cidade herculina, Galipizza, son as dúas novas incorporacións que suma o selo Galicia Calidade. A certificación, coa que contan 117 empresas da comunidade, é un recoñecemento á súa aposta polos alimentos galegos de excelencia e tamén á versatilidade das súas propostas gastronómicas. Faragulla é unha casa de comidas ou bistró de cociña galega propiedade do chef carballés Adrián Felípez, que se formou cos equipos do Celler de Can Roca e Bo.TIC.