O único mes de agosto que tivo 45 días

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

PEDRO MACEIRA

Xosé Ramón García acaba de publicar a «Guía dos Xardíns de Méndez Núñez», onde analiza cada escultura, monumento ou árbore, e conta anécdotas como a de agosto de 1993 na que o calendario floral apareceu co número 45 no lugar dedicado aos días

20 jul 2019 . Actualizado ás 10:01 h.

Ocorreu en agosto de 1993. O calendario floral dos xardíns de Méndez Núñez apareceu cun 45 no espazo destinado a marcar o día do mes. Cóntao Xosé Ramón García Vázquez no libro Guía dos Xardíns de Méndez Núñez, que presentou o xoves na librería Arenas, en fronte do lugar ao que dedicou moitos anos de traballo. «En escribilo 11 meses, pero antes fun tomando notas, collendo recortes...», comenta o autor, que comezou esta investigación por mor dun relato de Josefina López Serantes que contaba un paseo pola zona e as dúbidas sobre un dos monumentos. No libro, Xosé Ramón explica a orixe se cada unha das esculturas, das especies arbóreas máis importantes e anécdotas como a do eterno mes de agosto do 93. «Aquilo penso que foi unha canallada», considera. «Gústame moito ou monumento a Curros Enríquez, é unha marabilla», comenta o autor, que manifesta que os xardíns necesitan máis coidados. «É unha pena como están. Hai moito deterioración», apunta. Hai dúas versións da guía, unha en galego e outra en castelán, e poden adquirirse en Arenas. Na presentación estivo acompañado por Felipe Senén e por Francisco Rodríguez Trindade, biólogo e arborista.