Espazo Inoxidable

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

Teo Somoza

Jacobo Ameneiro e Carlota Pérez, diante de Inoxidable, o local situado ao lado da colexiata que inauguran nuns días convertido nun centro de creación artística para nenos e adultos

19 jul 2019 . Actualizado ás 10:22 h.

Xa teñen data. «Inauguramos o 26 de xullo e ese día presentaremos a programación», comenta o fotógrafo Jacobo Ameneiro. Coa xestora cultural e coreógrafa Carlota Pérez pon en marcha Inoxidable, un centro de creación artística para nenos e adultos situado ao lado da colexiata. No espazo intégrase A pequena Bauhaus, o proxecto de Carlota destinado aos máis pequenos e que busca potenciar o seu talento e creatividade. Din que as fins de semana haberá masterclass, presentacións, talleres intensivos de recoñecidos artistas e «un venres ao mes unha cata de viños. Ademais imos arrincar cunha mostra colectiva de destacados fotógrafos», avanzan. Quen sabe se nun futuro exporán en Inoxidable os rapaces da escola Pablo Picasso.