Arrinca a programación delas Son Artistas

La Voz

A Coruña CIDADE

Cedida

As lisboetas de Anarchicks abren o festival

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta noite • 23.00 horas • Entradas a 8 euros • Comeza a segunda edición do Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade Elas Son Artistas, e faino na casa na que naceu o pasado ano, a sala Mardi Gras, coa presenza das lisboetas Anarchicks e o seu enérxico punk rock. O resto de actuacións do festival estenderanse ata o 2 de xuño por distintos escenarios de toda a comarca.