Ruxir de motos pola cidade

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

Diego Fernández

Moteiros de 15 países diferentes e de distintos puntos de España partiron da Coruña con dirección a Castelló para completar os mil quilómetros dunha travesía organizada por BMW

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os moteiros son xente especial. Na chuviosa mañá de onte centenares deles fixeron ruxir os seus BMW polo paseo marítimo. Trátase dunha travesía denominada PuntaAPunta que chega á súa sexta edición e que está organizada pola citada marca. Trátase de cruzar España, neste caso da Coruña ata Castelló, que son máis de mil quilómetros. Afeccionados de 15 países partiron onte pola mañá do Atlántico cara ao Mediterráneo.