Inés Rey pide o voto para pór fin a un «perigoso letargo» municipal

La Voz A Coruña

A Coruña CIDADE

Anxo Manso

Os socialistas anuncian que potenciarán a cidade como sede de congresos e atraer así investimentos próximas aos 25 millóns

24 may 2019 . Actualizado ás 10:45 h.

A candidata socialista, Inés Rey , chamou este xoves «a recuperar A Coruña da desidia na que a deixaron PP e Marea Atlántica». Na súa opinión, perdéronse oito anos sen a construción da intermodal, o tren a Langosteira ou o proxecto do porto, anos que «sumiron á cidade máis próspera de Galicia nun perigoso letargo que puxo en perigo a industria, a mobilidade, o desenvolvemento tecnolóxico e miles de empregos perdidos».

Rey recibiu este xoves o apoio de altos de cargos do Goberno de España mediante vídeos e mensaxes. O ministro de Fomento, José Luis Ábalos e a vicepresidenta, Carmen Calvo, mostraron o seu compromiso e Inés Rey reiterou o que xa ofreceu Pedro Sánchez durante a súa visita á cidade e mediante o «contrato verbal» subscrito, explicou Rey , entre o presidente e ela para sacar adiante os grandes investimentos da Coruña. «A Marea non foi capaz de dialogar cos diferentes gobernos centrais para sacar adiante nin un proxecto», dixo Rey , a quen tamén apoiou a portavoz do PSOE no Congreso, Adriana Lastra, quen trasladou á candidata o seu desexo de que «A Coruña volva ser a cidade que foi, un referente».

Por outra banda, Rey anunciou un novo proxecto que impulsará na Coruña se logra a alcaldía. Pretende pór en marcha un plan estratéxico para converter a urbe nun lugar de referencia na celebración de congresos. A Coruña foi, dixo, «un destino turístico para moitos profesionais que viñan complementar a súa formación e a coñecer a cidade, e a Marea e o PP destruíron ese potencial económico». Antes do 2015 os congresos deixaban uns 20 millóns de euros. Nese ano a cifra, dixo, baixou á metade e desde entón, apuntou, a cifra foi baixando ata equipararse coa de cidades «infinitamente menores que a nosa». A súa intención é recuperar esa actividade e lograr que os congresos deixen 25 millóns na Coruña que, dixo, «non merece estar á cola» e perdendo oportunidades de xerar riqueza,