Miúdos corazóns

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

CESAR QUIAN

Ao cirurxián e investigador do Chuac e do Inibic Víctor Bautista concedéronlle o premio-bolsa Miúdos Corazóns

22 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Sigo con latexados. O cirurxián Víctor Bautista resultou gañador da segunda edición da bolsa Miúdos Corazóns, convocada pola fundación que leva este nome e a Sociedade Española de Cardioloxía Pediátrica e Cardiopatías Congénitas. «É unha honra recibir esta bolsa porque significa un importante respaldo á actividade que realizamos. Con este apoio remataremos de pór a punto a técnica e agardamos poder practicar, máis adiante, un ensaio clínico», destaca o responsable da Unidade de Cirurxía Cardíaca Infantil e Congénita do Chuac e director do grupo de investigación de cardiopatía estrutural e congénita do Inibic. A cerimonia de concesión foi en Sevilla e recolleu o galardón a cirurxiá do hospital coruñés María García Vieites.