O Hockey Club Liceo ficha a Franco Platero

A Coruña CIDADE

O arxentino comprometeuse co club coruñés polas próximas dúas tempadas, con opción a unha terceira

16 may 2019 . Actualizado ás 16:36 h.

O proxecto que o Deportivo Liceo está a preparar de cara á próxima tempada segue crecendo. A pesar das importantes baixas coas que contará o club verdibranco (Malián, Sergi Miras, Carlo dei Benedetto e  Eduard Lamas), a entidade que desde hai uns meses preside Daniel Echevarría está botando o resto para conformar un equipo competitivo que nos próximos anos poida volver loitar por títulos.

Deste xeito tras a contratación dos irmáns Grau e Dei Benedetto, o club acaba de pechar a fichaxe dun quinto home. Trátase de Franco Platero , defensa arxentino de 27 anos que procede do Forte dei Marmi italiano. A este club chegou a pasada tempada desde o Breganze. Agora aterra na Coruña, cun contrato de tres anos de duración.

Defensa-medio, internacional absoluto con Arxentina ,  coa que se proclamou campión do prestixioso trofeo de Montreux, ademais de capitanear á selección sub-20 hai anos.