Novo volume de «Animais extraordinarios»

La Voz

A Coruña CIDADE

CARMELA QUEIJEIRO

Moito Conto acolle a presentación do sexto número da serie coordinada por Xulio Gutiérrez

25 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 19.30 horas • Entrada libre • Presentación na librería Moito Conto do sexto número da serie Animais extraordinarios, publicada por Kalandraka, dedicado ás migracións. Participan no acto o coordinador da colección, Xulio Gutiérrez, e o ilustrador Nicolás Fernández, que estarán acompañados polo ornitólogo Antonio Sandoval.