Motivos saudables que fan necesaria a poesía

La Voz A Coruña

A Coruña CIDADE

cedida

Marta Rebolledo ofrecerá unha charla na librería Formatos na que invita a coñecer os efectos curativos dos poemas

25 abr 2019 . Actualizado ás 10:36 h.

Hoxe • 20.00 horas • Entrada libre •

A librería Formatos (Fernández Latorre 5) está de aniversario. Cumpre 25 anos convertida nun referente para calquera bibliófilo da cidade e celébrao cunha serie de actos culturais nos que non podía faltar a poesía. Esta tarde a «doutora, profesora e sobre todo lectora» -tal e como a presentan na librería- Marta Rebolledo ofrecerá unha charla na que nos invita a descubrir por que é necesaria a poesía. «É o momento idóneo, porque supoño que haberá moita xente que, como eu, se ve máis campaña electoral vaille dar un jamacuco», conta a relatora, que asegura que a poesía «terían que prescribila os médicos porque mellora a calidade de vida. Contra os problemas cardiovasculares, uns versos de Cavafis pola tarde; para as erupcións cutáneas, Pere Gimferrer; para o aparello respiratorio, San Xoán da Cruz...», propón. Desde un enfoque persoal e fuxindo de formalismos, exporá a súa experiencia a través dunha selección de poemas de diferentes autores e o seu xeito de entender a poesía.