Microrrelatos en Cambre

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

A Coruña CIDADE

Diego Fernández

O instituto Alfonso X O Sabio celebrou a 15.ª edición do seu concurso literario

24 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Cando no IES Afonso X O Sabio deciden organizar unha actividade con motivo do Día do Libro fano ao grande. Celebraron a edición número 15 dun concurso de microrrelatos no que as bases indicaban que non se podían superar as trinta liñas e a temática era a fantasía. Presentáronse máis de duascentas creacións. «Foi moi difícil decidir quen se merecían os premios», destaca Milagros Gómez, do departamento de Lingua e Literatura Castellana do centro. Participaron rapaces de ESO, FP, ciclos formativos e bacharelato e entregáronse seis galardoes en tres modalidades. Na cerimonia de entrega cantou un alumno, representouse a escena do balcón de Romeo e Julieta, houbo unha divertida discusión entre Shakespeare e Cervantes e procedeuse á lectura de fragmentos do Quixote. Outro alumno cantou a adaptación de Serrat do Camiñante non hai camiño de Antonio Machado. O devandito, ao grande.