Máis medallas a San Amaro

La Voz

A Coruña CIDADE

A entidade coruñesa obtivo doce premios no Campionato Galego de Bádminton

19 abr 2019 . Actualizado ás 12:46 h.

Ademais de pensar nas instalacións deportivas, amplamente melloradas nos últimos anos, o Club do Mar de San Amaro debería exporse moi seriamente como dar cabida a todas as medallas que conseguen os seus deportistas. Esta vez falamos do Campionato Galego de Bádminton onde Gabriel Fernández se fixo co ouro, Jacobo Fernández coa prata, e Carlos Fernández e Javier Álava co bronce en categoría sub 17. En mulleres, Paula Noya foi prata individual e ouro en compaña de Alba Prada. Tamén se subiron ao podio Aurora Yan, Carlota Martínez, Mateo Rey , Pablo Sirito, Joaquín Velasco, Iago García e Noa Loureiro. En total doce medallas. O devandito, fagan sitio para tanto premio.