A Atención Primaria volve á rúa

R. D. SEOANE A Coruña

A Coruña CIDADE

CESAR QUIAN

A coordinadora volve convocar concentracións ante os centros de saúde, á espera de que Sanidade materialice en medidas concretas o acordo que freou a folga

11 abr 2019 . Actualizado ás 14:42 h.

A Coordinadora de Atención Primaria da Coruña acordou na tarde deste mércores nunha reunión celebrada no Colexio de Médicos sumarse a unha nova convocatoria de concentracións ante os centros de saúde . Os paros de 15 minutos celebraranse este xoves, Día da Atención Primaria, ás 12 da mañá e ás seis da tarde, baixo o lema «AP digna. Seguimos». Con estas mobilizacións o colectivo persegue «recordarlle á Consellería de Sanidade que seguimos aquí e seguiremos», pese a la desconvocatoria in extremis de la huelga el pasado lunes con la firma de un acuerdo. «Temos cinco puntos irrenunciables na nosa táboa reivindicativa», sinala a coordinadora, que reclama que a Administración autonómica concrete o acordo en medidas visibles.Contar cunha estrutura propia de xestión en Atención Primaria, o incremento progresivo do financiamento, o aumento de persoal en todas as categorías, acabar coa precariedade e modificar o contrato eventual de estabilidade e pór fin ao conflito dos Puntos de Atención Continuada constitúen as liñas vermellas da coordinadora para non endurecer as mobilizacións. 

«Temos que manter a presión, o acordo non é concreto e a xente non se fía. Se non hai concrecións e non se ven avances, non se descarta nada», explica Ramón Beiras, portavoz da coordinadora coruñesa. «Estamos vixiantes», indica, xa que tamén está a piques de expirar o prazo para que a Administración leve a cabo as melloras comprometidas previamente ao conflito coas sociedades científicas, que incluían concretar un orzamento para Atención Primaria e a creación de sesenta novas prazas para toda Galicia.