A Atención Primaria manifestarase este martes no Obelisco

R. D. SEOANE A Coruña

A Coruña CIDADE

Médicos de Atención Primaria
Médicos de Atención Primaria ANGEL MANSO

A Xunta de Persoal da área sanitaria convoca varias mobilizacións coincidindo coa folga dos centros de saúde

08 abr 2019 . Actualizado ás 16:24 h.

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña-Cee mostrou o seu máximo apoio á folga de Atención Primaria, convocada desde este martes ata oxoves , paro que cualifica de «necesario ante a situación de deterioro progresivo». «Non podemos continuar con esta deriva», considera o órgano de representación laboral, que reclama «unha organización propia e cos recursos humanos necesarios para facer o noso traballo en condicións de dignidade para os pacientes e para os profesionais». Por este motivo, fai un chamamento á cidadanía para que participe nas diferentes mobilizacións convocadas en paralelo á folga, que comezarán este martes ás 12.00 horas cunha concentración diante do centro de saúde do Ventorrillo, e simultaneamente en todas as unidades de primaria, e que pola tarde se trasladará ao Obelisco, onde levará a cabo unha protesta a partir das 20.00 horas.

O mércores, tamén ás 12.00, a protesta centralizada celebrarase ante a Casa do Mar, e o xoves as mobilizacións trasladaranse ao Obradoiro, en Santiago