Sabes que é un «mapatón» humanitario?

R. D. SEOANE A Coruña

A Coruña CIDADE

Médicos sin Fronteras
Médicos sen Fronteiras CESAR QUIAN

A Escola de Camiños e Médicos sen Fronteiras dedicarán un día a pór no mapa as poboacións «invisibles» do planeta

05 abr 2019 . Actualizado ás 20:03 h.

Será o próximo 11 de abril na aula de informática da Escola de Camiños da Coruña. Alí, Médicos sen Fronteiras convoca a todos os que desexen traballar no «mapatón» humanitario para pór no mapa as poboacións máis vulnerables do planeta das que non existen apenas datos. A Coruña súmase así a unha cita de cartografía colaborativa que se celebra simultaneamente en trece cidades españolas, reunindo a persoas que se dedicarán a cartografiar de forma intensiva zonas inmersas en crise humanitaria ou que sofren catástrofes naturais. Os voluntarios recollerán e apuntarán datos dunha determinada área a partir de ampliacións de imaxes vía satélite. Grazas á tecnoloxía colaborativa e ao traballo destes voluntarios, Médicos sen Fronteiras pode levar asistencia a zonas xeográficas das que apenas hai detalles nos mapas convencionais, imprescindible para que os equipos de axuda humanitaria poidan chegar ata as poboacións máis necesitadas e invisibles do mundo.