Atento saca á rúa o seu conflito laboral

La Voz A Coruña

A Coruña CIDADE

Eduardo Pérez

Os traballadores manifestáronse no medio de Juan Flórez

26 mares 2019 . Actualizado ás 10:00 h.

Os traballadores da empresa de telemárketing Atento volveron este luns a saír á rúa para manifestarse e protestar polas condicións laborais ás que ven sometidos a diario, denunciar o incumprimento por parte da empresa do acordo acadado cos empregados o pasado mes de outubro e o despedimento de compañeiros.

O comité de empresa asegura que os traballadores sofren todos os días «un ritmo incesante de chamadas, aplicacións que non funcionan, falta de formación, presións, ameazas e falta de tempo entre chamadas».

Ademais, durante toda a xornada de onte levaron a cabo unha serie de paros de dúas horas nos seus postos de traballo e unha concentración ás portas da sede coruñesa da empresa, situada na rúa Juan Flórez.