O poder das «Palabras con corazón» de Lydia Botana

La Voz

A Coruña CIDADE

ANGEL MANSO

Trátase dunha montaxe didáctica no que mestura distintos estilos

23 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 12.00 horas • Entradas a 5 euros (menores de idade a 2 euros) • Concerto en familia para a mañá deste sábado coa cantante coruñesa Lydia Botana, que leva ata o Palacio da Ópera o seu espectáculo Palabras con corazón. Trátase dunha montaxe didáctica que xa presentou ante público escolar e que hoxe abre ao resto da cidadanía. Nel, a artista mestura distintos estilos musicais coa danza, a pintura e a poesía para pór de relevo o poder que poden ter as palabras.