Mánchache polo cancro

A Coruña CIDADE

ANGEL MANSO

Chocolatada solidaria no colexio Ría do Burgo para recadar fondos

16 feb 2019 . Actualizado ás 00:27 h.

Hai unhas semanas Ana Patiño, investigadora coruñesa da Universidade de Navarra, dicía que todo o diñeiro que se recada chégalles. Que hai que seguir realizando accións para obter fondos que axuden a avanzar na investigación. Estes días a asociación Nico contra o Cancro organizou cantidade de actos, por exemplo esta mesma mañá haberá unha masterclass de zumba de carácter solidario na Casa da auga. Pero una das accións máis curiosas destas últimas horas atopámola no colexio Ría do Burgo. Promoveron unha chocolatada coincidindo co Día Internacional do Cancro Infantil. A idea partiu de Barcelona, do Hospital Sant Joan de Déu, e propagouse de tal xeito que onte houbo 719 chocolatadas en toda España, entre elas esta que lles conto do Burgo. «Colaborou connosco Bonilla á vista e, por suposto, o centro educativo. Os nenos mancháronse e os pais achegaron uns mil euros, que é unha cantidade considerable», comenta José Silvarredonda, presidente da ANPA.