Ofrenda a Isabel Zendal

A Coruña CIDADE

cedida

Alumnos do colexio Fogar de Santa Margarita realizaron unha ofrenda floral a Isabel Zendal con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

14 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta semana celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Na Coruña contamos con notables mulleres que contribuíron a importantes avances científicos. Por iso os alumnos do colexio Fogar de Santa Margarita non tiveron que irse lonxe para atopar á coruñesa considerada a primeira enfermeira da historia en misión humanitaria internacional. Lembraron a Isabel Zendal e, de paso, reivindicaron a vacinación para previr enfermidades.