CESAR QUIAN

O venres 22 de febreiro celebrarase o tradicional concurso da orella de Radio Voz e El Corte Inglés

14 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Como este ano o entroido cadra tardío moita xente pregúntase cando empeza. Pois a primeira gran cita do entroido coruñés é o 22 de febreiro. O venres da semana que vén celébrese o concurso da orella de Radio Voz e El Corte Inglés. Na superficie comercial de Ramón e Cajal competirán as e os mellores reposteros en busca de tres grandes premios de 150, 100 e 50 euros. A inscrición xa está aberta e, ao ritmo que vai, esta edición vai camiño de marcas. Ademais dos euros, os concursantes valoran o feito de poder dicir «son o que fago as mellores orellas de Galicia». Poden apuntarse no 981 180 608.