Relatos de Miguel Mato

A Coruña CIDADE

Marcos Míguez

Miguel Mato Fondo presentou onte na librería Moito Conto da rúa San Andrés o seu libro de relatos «Adeus, capitán Walton»

19 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Adeus, capitán Walton é o título do libro que presentou onte Miguel Mato Fondo na librería Moito Conto, acompañado e arroupado por amigos, entre eles Henrique Rabuñal, que actuou de presentador. A Mato Fondos moitos o coñecen pola súa faceta docente, xa que ata fai nada daba clases no IES Rafael Dieste. O propio autor asegura que a obra é un conxunto de relatos que reflicten «diferentes momentos dá vida de moita xente», e non oculta tampouco que algo de biográfico envorcou nas súas páxinas. Haberá máis porque xa prepara un traballo do que denomina literatura de memorias.