Cultura en Mariñán

A Coruña CIDADE

A Deputación da Coruña celebrou onte a entrega dos seus premios de cultura, distincións coas que recoñece o traballo en 11 categorías

13 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación, a institución galega que máis premios culturais convoca, celebrou onte no pazo de Mariñán a entrega de galardóns. Nada menos que 11 distincións, que suman 130.000 euros en dotación económica, son os que levan o selo provincial para recoñecer a creatividade en narrativa, poesía, música, artes gráficas, cómic, artesanía, cultura pola igualdade e normalización lingüística. O seu Garrido Pombo, gañadora do Premio Narf de música, amenizou o acto no que a vicepresidenta da entidade, Goretti Sanmartín, repartiu felicitacións entre os premiados: Xabier López, Dolores Torrano, An Alfaya, Wieslaw Haladaj, Eli Ríos, Oliver Añón, Elas tamén pintan e Implicadas non desenvolvemento, Rosa Fernández, Carmen Villalba e Carla Canedo, Pequenos Besbellos e Cortegadaos, e Pirilampo e Galipedia.