Trinta e cinco anos de servizo

A Coruña CIDADE

ANGEL MANSO

Profesionais que levan 35 anos na delegación de Economía e Facenda e no Tribunal Económico Administrativo Rexional foron distinguidos nun acto presidido polo delegado do Goberno

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Son 19 funcionarios. Levan 35 anos ou máis de servizo na Delegación Especial de Economía e Facenda e no Tribunal Económico Administrativo Rexional. Por tal motivo onte foron distinguidos no transcurso dun acto presidido polo delegado do Goberno, Javier Losada; o delegado especial de Economía e Facenda en Galicia, Ángel Rodríguez; o presidente do citado tribunal, Pedro Ibáñez, que tamén foi un dos condecorados, e o xerente rexional do catastro, Benito Bericochea, entre outros. Aí teñen a estes funcionarios que viron de todo. «Facía anos que non se organizaba este acto, quixémolo recuperar desde a nosa delegación a instancias da Subsecretaría do Ministerio», informa Ángel Rodríguez.