Góspel multitudinario

A Coruña CIDADE

EDUARDO PEREZ

Case medio milleiro de persoas encheron o auditorio da Laboral para asistir a un concerto do coro Góspel Vida

11 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Sobre o escenario houbo máis de medio centenar de voces. E nas butacas case medio milleiro de espectadores. No salón de actos da Laboral celebrouse o concerto solidario do denominado coro Góspel Vida. «Pediuse a colaboración dos asistentes, que levaron un quilo de alimentos non perecedoiros que serán doados á obra social da igrexa evanxélica O Camiño da Coruña, organizadora do evento», destacan os responsables da formación musical. Tras o recital dominical, onte visitaron varios centros educativos para dar a coñecer a historia e o significado do góspel.