Ferida leve unha moza nun atropelo nun paso de peóns en Juan Flórez

La Voz A Coruña

A Coruña CIDADE

CESAR QUIAN

O suceso rexistrouse ás 7.45 horas de hoxe á altura do número 148 da vía

06 dic 2018 . Actualizado ás 11:36 h.

Unha moza de 20 anos, con iniciais I. V. B., resultou ferida leve ao ser atropelada por un turismo nun paso de peóns regulado por semáforos. O suceso produciuse ás 7.45 horas á altura do 148 da rúa Juan Flórez. Unha ambulancia do 061 trasladouna ao hospital Quirón para ser atendida das feridas.

É o terceiro atropelo en menos de 24 horas que se rexistra na cidade despois de que durante este mércores, dúas mulleres de avanzada idade tivesen que ser trasladadas, unha delas en estado grave, a senllos centros hospitalarios da cidade despois de ser arroiadas por dous vehículos en pasos de peóns no Ventorrillo.