A repentina morte de Alfonso Molina no Brasil

La Voz

A Coruña CIDADE

ALBERTO MARTI VILLARDEFRANCOS

Estaba en Rio de Janeiro para participar nun congreso internacional de municipios

25 novs 2018 . Actualizado ás 00:09 h.

Calculouse entón que unhas cen mil persoas botáronse ás rúas da Coruña para acompañar ao cortexo fúnebre do alcalde Alfonso Molina. O popular rexedor coruñés falecía repentinamente o 25 de novembro de 1958 no Rio de Janeiro, onde se atopaba para participar nun congreso internacional de municipios.

Tiña 51 anos e a morte produciuse por unha angina de peito. Quen o habían vis1958to días antes de partir de viaxe non percibiron síntoma algún de que se puidese producir tan fatal desenlace, pero si lembraban que as súas amizades o animaban a reducir a intensidade do traballo, viaxar menos e, talvez, coidar máis a alimentación. «Aínda estou a empezar...», respondía con ironía o alcalde Molina. Tomara posesión da alcaldía en 1947. Mantiña con Francisco Franco unha estreita relación, que aproveitou para conseguir importantes investimentos para o municipio. Daquela época é o viario de acceso á cidade por Lavedra, que hoxe leva o seu nome.