A Xunta exercerá a acusación popular no crime machista da rúa da Estrela

La Voz A Coruña / LA VOZ

A Coruña CIDADE

21 sep 2018 . Actualizado ás 14:21 h.

O Consello da Xunta aprobou onte presentarse como acción popular no proceso polo crime machista de María Judite Martíns Alves, muller de 57 anos que foi degolada polo seu marido, Ramón Saiz González, na súa casa da rúa da Estrela o pasado 18 de xullo. El mesmo chamou á policía avisando de que matara á súa muller. O autor confeso, que ao parecer intentou suicidarse e mesmo deixou unha carta de despedida, permanece ingresado en prisión desde que recibiu a alta do hospital, dous días despois.

Segundo o acordo, que dá cumprimento á Lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, os letrados da asesoría xurídica da Xunta comparecerán nas dilixencias abertas no Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1 da Coruña,