Belisa Frangione

A Sociedade Filatélica da Coruña entregou distincións aos coleccionistas que colaboraron coa exposición

24 jul 2018 . Actualizado ás 12:14 h.

«Estou contento», contesta José Luis Rey Barreiro, presidente da Sociedade Filatélica da Coruña. E é unha boa noticia a súa alegría despois dunha tempada en que o colectivo foi actualidade por roubos na súa sede social. «O tema segue no xulgado e non contamos con que se recupere nada. Pero estamos a traballar en distintos proxectos», destaca na sede principal de Correos, onde tivo lugar clausúraa e entrega de recoñecementos da exposición Selo a selo. Durante algo máis dun mes presentáronse neste edificio da Marina 21 coleccións diferentes de 14 coleccionistas coruñeses. «Fómolas cambiando cada semana e para agradecer a colaboración dos socios entregámoslles un diploma e unha obra de Yolanda Dorda na que se ve a un neno cunha lupa e un selo ao final», destaca José Luis sobre o epílogo da mostra Selo a selo. Francisco Javier Varela Castro, director da oficina central de Correos da Marina estivo presente no acto. Aí teñen á familia filatélica cos seus merecidos premios.