«Gustan as uvas medianas, doces e que non teñan pebidas»

A Coruña CIDADE

CESAR QUIAN

Aínda que o vexan así de abrigado, este empresario coruñés, que representa á terceira xeración de froiteiros da súa familia, está facendo o agosto. Esta semana as vendas de uvas multiplícanse por 200, e en YES retamos a Adrián Martí, director comercial de Froitas Irmáns Lago, a tomarse unha uva con cada pregunta.

29 dic 2017 . Actualizado ás 05:15 h.

1 Cantas uvas repartides estes días?

A cantidade de quilos totais non a sei, porque cambia de ano en ano, pero é unha semana na que se multiplica por 200 o consumo dunha semana calquera.

2 Véndese máis ou menos?

Cada ano imos a menos. A tradición séguese mantendo, pero a xente vai a unha uva de peor calidade, que nas froiterías non as hai, e por iso véndese menos.

3 O Nadal é o mellor momento da uva?

Non. As variedades que máis se venden en España están no seu mellor momento xusto despois do verán. Entre setembro e novembro. Logo en España hai moita uva italiana.

4 Aquí cal é a que máis comemos?

A italiana, pero tamén outra variedade que desde hai uns anos véndese moito é a Dona María. É que aquí as uvas que temos son máis de facer viño que de mesa.

5 Como é a uva perfecta?

O que a xente quere cando vai comprar uvas é que o acio non se debulle, que o collas, levántelo e non caian; que teñan un tamaño bo, non moi grande, digamos mediano, e que estea rica de sabor, dulcita, que non teña pebidas... pero isto por outra banda encarece moito o produto así...

6 Canto supón máis que non leven pebidas?

Pode supor un 20-30 % máis que o prezo normal.

E en Nadal a uva subir moito á parra...

Se en setembro pode custar entre 1,5-2 euros o quilo, agora pódese vender por 2,5-3 facilmente. O que pasa tamén coa variedade de fin de ano, Aledo, que se produce maiormente en Alacante, está a ser moi demandada no estranxeiro, por iso estase pagando máis cara.

8 Por que é a «uva de fin de ano»?

Porque é unha variedade máis tardía que aguanta sen problema ata xaneiro, é a que mellor está agora mesmo. Ademais os produtores embólsana para que aguanten ben ata o Nadal. 

9 Como é esta uva?

Hai diferentes tamaños. A pequena sabe peor, e de calidade baixa e a mediana ou grande é mellor.

10 A xente que prefire: calidade ou non atragantarse?

Queren un tamaño mediano.

11 E trae pebidas esta variedade?

Si, pero moi poucas.

12 Esta variedade compite no mercado coas «sen pebidas»?

Si, sen pebidas e as Aledo son as que máis se vende .

FOTO: CÉSAR QUIAN