Premios do comercio

A Coruña CIDADE

CESAR QUIAN

15 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Onte entregáronse os premios do primeiro certame de redacción Queremos seguir contándoo. Trátase dunha iniciativa da Federación de Comercio da Coruña, a Xunta e Abanca co obxectivo de «impulsar as compras nos negocios de proximidade», destacan. Vinte rapaces de toda a provincia de entre 10 e 12 anos recibiron cartóns prepagamento de 100 e 300 euros que poderán utilizar en establecementos próximos aos seus respectivos domicilios. Da Coruña os gañadores foron: Antía Cunchado Castro, Diego García Gómez, Elsa Dasilva Macenlle, Jorge Sánchez Mouzo, Lucas Vázquez Bañobre, Lúa Buján Tojo , Mónica Antelo Barral, Nicolás John Barlow Zas, Roque Vázquez Sande e Sofía Martínez Diz-Lois. O acto de entrega tivo lugar onte no edificio de Novos Ministerios.