O BNG insta a Xunta a garantir o emprego na fábrica de Emesa en Coirós

La Voz COIRÓS

COIRÓS

CÉSAR DELGADO

A empresa entrou en concurso de acredores e fai catro meses que non abona os salarios aos 84 traballadores

13 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O deputado do BNG Mini Rivas presentou unha serie de iniciativas no Parlamento para reclamar á Xunta que garanta o emprego na fábrica de Emesa en Coirós, en concurso de acredores e desde fai tres meses cos salarios dos 84 traballadores pendentes de pagamento. Rivas alerta da intención do grupo Soil, que recibiu catro millóns de euros de axudas públicas, de despezar a fábrica.