Medio Rural avanza na reestruturación parcelaria en Carral e Cambre

La Voz CAMBRE

CARRAL

parcelaria
Non dispoñible

Afecta as zonas de San Vicente e Santa María de Vigo

22 jul 2019 . Actualizado ás 09:23 h.

A Consellería de Medio Rural dá un paso adiante nos procesos de reestruturación parcelaria nas zonas de San Vicente e Santa María de Vigo. Comprenden unha superficie de 599 hectáreas distribuídas entre os concellos de Carral e Cambre. Para iso, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acaba de asinar a acta de reorganización que supón o inicio da tramitación dos títulos de propiedade ante o notario e tamén o rexistro.

Entrega de títulos

Despois da firma do acordo, aprobado en outubro do pasado ano, só queda pendente a entrega dos títulos aos 697 propietarios que se benefician do proceso. Estes veciños ven como se aumenta a superficie das súas parcelas ao redistribuírse un total de 2.202 predios en 1.087 terreos.

A conclusión das reestruturacións parcelarias abertas é unha das principais liñas de traballo da Consellería de Medio Rural. Para acadar este obxectivo, o departamento que dirixe José González destina anualmente, e desde o ano 2016, un orzamento duns 20 millóns de euros cos que culminar os procesos de cambios de titularidade e reordenación das leiras.