Un percorrido polo mundo Seivane

P. G. A Coruña

CAMBRE

O obrador da saga de músicos de Cambre lembra a orixe da casa de gaitas

22 jul 2019 . Actualizado ás 10:49 h.

Outra parada para facer foto e compartir en Instagram: o taller de gaitas Seivane, no municipio de Cambre . A casa é historia viva do creador e fundador: Xosé Seivane. O obrador, no que traballan e continúan co oficio os seus fillos Álvaro e Xosé, hai unha pequena sala onde se gardan e mostran algúns dos instrumentos con máis historia da familia. A entrada é gratuíta e inclúe un tour polo taller. 

«Nas visitas guiadas primeiro empezamos na parte da baixo, onde está a madeira, o secadeiro e o taller. E despois subimos ao museo fanse a foto coa gaita», explica Xosé. «Aquí temos algunas das primeiras gaitas que fixo o noso pai na zona de Pastoriza e outras máis novas nas que vamos innovando e recuperando as diferentes variedades que existen», explica. Dentro da pequena sala do museo de Cecebre hai unha réplica da escultura que colocaron en homenaxe ao fundador en Ribeira do Piquín, en Lugo, a súa terra natal.

«O escultor íase desfacer dos moldes e aproveitamos para ter este recordó no obradoiro». Moi preto, algunhas das que fabricou Ou patriarca e ata algún modelo realizado con marfil: «Hoxe non está permitido e fomos uns dos primeiros en eliminalo». Tamén todas as variantes de cores e formas coas que chegan a todo o mundo a través da súa páxina web.