Falece un traballador en Cambre ao caer ceder un tellado

La Voz CAMBRE / LA VOZ

CAMBRE

MARTINA MISER

O accidente laboral ocorreu na zona da Barcala

15 novs 2018 . Actualizado ás 17:41 h.

Un traballador faleceu onte nun accidente laboral ocorrido na zona da Barcala en Cambre. Segundo informou o 112, o suceso produciuse ao redor das sete da tarde cando o home caeu desde o tellado no que traballaba.

Trátase dun home de 53 anos. O suceso ocorreu nunha nave situada na zona industrial da Barcala, situada anexa á do depósito municipal de vehículos. A nave estaba destinada ao alugueiro de caravanas e un familiar dos propietarios da empresa foi o que se atopou ao traballador no chan. A pesar de que se desprazaron as unidades de urxencias á zona non puideron facer nada para salvar ao operario. O servizo de urxencias foi alertado dos feitos a través do 061-Urxencias Sanitarias e informaron tanto á Policía Local, como á Garda Civil e a Protección Civil. Tamén se trasladaron á zona os bombeiros, que revisaron o tellado para coñecer que puido suceder. 

A Policía Local recibiu onte a chamada sobre as 18.40, alertando do sucedido. Ao parecer, o traballador estaba limpando as canalizacións e uralitas dunha desas naves cando a cuberta cedeu e precipitouse ao baleiro desde unha altura aproximada de 8 metros. A Inspección de Traballo e a Policia Xudicial de Betanzos investigan agora as circunstancias deste accidente e se o operario adoptara todas as medidas de seguridade para realizar este tipo de traballos en altura. O seu informe será remitido a Fiscalía do traballo, segundo informou a Garda Civil.