A iniciativa Hostalería polo Clima chega a Betanzos

d. v.

BETANZOS

cc

A alcaldesa María Barral agradeceu a Coca-Cola o seu apoio en diversos proxectos impulsados no municipio e mostrou a súa disposición a colaborar con iniciativas «que aposten pola sustentabilidade»

06 abr 2021 . Actualizado ás 18:39 h.

O futuro do sector da hostalería pasa por ser coidadoso co medio ambiente que lle rodea e co planeta. Esa é a idea que subxace na aposta de Coca-Cola, que colabora coa Fundación Ecodes en Hostalería #PorElClima, un proxecto que impulsa a acción contra o cambio climático no sector hostaleiro. No marco desta iniciativa, o Concello de Betanzos acolleu este martes unha sesión formativa e de sensibilización organizada por Coca-Cola e á que acudiron máis dunha ducia de responsables de establecementos de hostalería do municipio.

A alcaldesa, María Barral, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes e, durante a súa intervención, agradeceu o apoio de Coca-Cola a diferentes iniciativas impulsadas polo Concello desde hai moitos anos, á vez que expuxo a disposición de Betanzos «a colaborar con proxectos relacionados a reducir o impacto sobre o medio ambiente».

A xestora de Comunicación de Coca-Cola European Partners Iberia María Silvia Rodríguez presentou os detalles da plataforma Hostalería #PorElClima e o mecanismo para que os profesionais do sector que estean interesados poidan dar de alta o seu establecemento no proxecto. «A hostalería constitúe un sector de gran importancia para a economía española. Atopámonos nun momento clave no que a hostalería pode dar a coñecer o seu compromiso coa sustentabilidade e a loita contra o cambio climático e aproveitalo para convertelo nun elemento que contribúa a dar un impulso á súa recuperación económica nunha situación como a actua», indicou.

A continuación, o brand ambassador de Coca-Cola David Rey impartiu unha formación con diferentes produtos da compaña, como Royal Bliss e Appletiser, para crear novas ocasións de consumo.