Adeus Chelito

Fran raposo

BETANZOS

Faleceu a esposa de Manuel Raposo coñecido pola súa axencia Viaxes Travidi

17 ene 2020 . Actualizado ás 09:14 h.

No día de onte deixounos Consuelo Lobeiras Pérez, que aínda que naceu en Betanzos era veciña da Coruña desde fai máis de sesenta anos. Esposa de Manuel Raposo, coñecido na cidade por ser o dono da antiga axencia de viaxes Travidi. Os seus tres fillos continúan no sector; as nenas no mesmo sitio, hoxe Viaxes Galitur, e o seu fillo é almacenista de viaxes. No barrio de Juan Flórez, na praza dos mestres, botarémola de menos. Consuelo sempre tiña un sorriso na boca e o máis seguro é que ela dedicaría unha canción, a ela encantáballe.

Por iso no día da túa despedida dedicámosche Chelito, que era un dos temas que máis lle gustaban. «¡Eu quérote tanto, ti a min tamén!». Querémosche moito e botarémosche moito de menos.

A igrexa parroquial de San Pablo acollerá esta tarde, ás sete, unha misa no seu recordo.