Cartas, postais e talleres para os días de Nadal

La Voz

BETANZOS

Concellos da área metropolitana lanzan iniciativas e concursos para ilustrar as festas

03 dic 2018 . Actualizado ás 12:57 h.

Varios concellos da área metropolitana adiantaron xa algunhas iniciativas que inclúen na súa programación do Nadal. O Concello de Betanzos, por exemplo, abriu xa o prazo para participar na terceira edición do Concurso de cartas aos Reis Magos, dirixido a todo o alumnado de infantil e primaria, e cuxos gañadores nas catro categorías daranse a coñecer o 4 de xaneiro. Tamén o Concello de Bergondo convocou a quinta edición do seu Concurso de Postais de Nadal, onde os gañadores levarán un lector de libros electrónico. Pola súa banda, o Concello de Sada oferta 80 prazas para os Obradoiros de Nadal que se farán no CEIP de Mondego. O prazo de inscrición finalizará o día 5.