Anido declara polos contratos a un arquitecto e di que «será a Xustiza a que se pronuncie»

La Voz BETANZOS / LA VOZ

BETANZOS

CESAR DELGADO

A denuncia partiu desde o PDSP, que foi o seu socio no goberno

19 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

«Non vou facer xuízos de valor, será a Xustiza a que se pronuncie», foi o que dixo onte Ernesto Anido, exalcalde de Sada e portavoz municipal do PP, tras declarar nos xulgados de Betanzos na causa aberta por adxudicar 15 procedementos negociados a un arquitecto que traballara para as súas empresas.

A denuncia partiu desde o PDSP, que foi o seu socio no goberno, que desvelou que a declaración do exregidor foi exculpatoria. Segundo isto, Anido asegurou que ese tipo de procedementos de contratacións son legais, que optou por ese arquitecto porque «era o triplo máis barato» que outros profesionais e porque, segundo relatou, os técnicos municipais non executaban os proxectos. Aínda que este caso está en fase de instrución, o que está pendente da apertura de xuízo oral é a acusación a Anido dun delito continuado de prevaricación por «bosquexar» a contratación de Belia Vellón como coordinadora municipal, que tamén está imputada.