Bergondo denuncia que rouban placas nos cemiterios

d. Vázquez BERGONDO / LA VOZ

BERGONDO

O Concello pide a colaboración veciñal para evitar máis subtraccións

31 ene 2019 . Actualizado ás 09:34 h.

Desde o Concello de Bergondo informaron que varios veciños alertaron do roubo de placas nos cemiterios de Bergondo e Santa Marta. Ante esta situación, desde o consistorio fixeron un chamamento para que se alguén detecta algún movemento sospeitoso ou máis roubos póñase en contacto coa Policía Local canto antes. A Garda Civil tamén visitou varios cemiterios tras ter coñecemento da subtracción das placas e xa está a investigar.