Un incendio calcina o baixo dunha vivenda en Moruxo

La Voz A Coruña

BERGONDO

Cedida

O lume iniciouse por un curtocircuíto e só houbo que lamentar danos materiais

19 novs 2018 . Actualizado ás 17:42 h.

O baixo dunha vivenda de Moruxo, en Bergondo, quedou completamente calcinado por un lume que se iniciou ao redor das 15.00 horas. O lume iniciouse por un curtocircuíto e só houbo que lamentar danos materiais.

Ata o lugar do suceso acudiron os bombeiros de Betanzos, Garda Civil de Sada, axentes da Policía Local de Bergondo e membros de Protección Civil da localida.