Partido entre Aspadisol e Amigos no que o resultado non importou

La Voz

BERGONDO

cedida

O pavillón de Guísamo acolleu o último partido da Liga 2018 Special Olympics Galicia

11 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O pavillón de Guísamo, en Bergondo, acolleu onte o último partido da Liga 2018 Special Olympics Galicia entre o equipo de fútbol sala do centro ocupacional Aspadisol e a Asociación Amicos, de Boiro. O resultado foi favorable á formación visitante, pero máis aló do resultado ambas as agrupacións mostraron a súa alegría pola alta asistencia ao encontro.