«Dados vos datos, existe ou risco de acabar como Arteixo, Viveiro e Xinzo»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

ARTEIXO

Ana García

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha

25 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O rexedor da Laracha, José Manuel López, mostrouse onte moi preocupado polas cifras de positivos confirmados: «A situación epidemiolóxica é tremendamente complicada. Temos 120 casos confirmados, cinco máis que o sábado. Dados os datos que se nos facilitan existe o temor de que A Laracha acabe como Arteixo, Xinzo e Viveiro. Haberá que esperar ao que digan no comité clínico, pero de confirmarse, a hostalería veríase afectada polas novas restricións». Máis optimista mostrouse con respecto ao comercio: «Non creo que lle afecten, en caso de que finalmente se apliquen estas medidas».