Un brote de covid no Servizo Municipal de Augas de Arteixo restrinxe a atención presencial dese servizo

D. Vázquez ARTEIXO

ARTEIXO

O Concello anuncia que se atenderá por correo electrónico ou por teléfono ata o 3 de febreiro

25 ene 2021 . Actualizado ás 11:44 h.

O Concello de Arteixo anunciou este luns que debido a un brote de covid-19 entre o persoal do Servizo Municipal de Augas non haberá atención presencial ao público ata o próximo 3 de febreiro.

Indica que o brote afectou a todos os traballadores públicos que traballan nas oficinas, aínda que non ao persoal que realiza o traballo a pé de rúa revisando as instalacións de abastecemento e saneamento. A interrupción do servizo de atención persoal está suspendida desde este luns e quen queira pórse en contacto con este servizo deberá chamar ao 981 659 090 ou remitir un correo a augas\arteixo.org.